TEORÍA


TEORÍA TECNOLOXÍA 1º ESO

TEORÍA 3º TRIMESTRE. Temas do libro de texto.

Proba escrita: 1º eso A (venres 22 de maio) 1º eso B (xoves 21 de maio)

Tema 5. PROGRAMACIÓN

  • Apuntamentos da materia. Técnicas de programación
  • Páxina 126. 1 Definición do problema
  • Páxina 127. 2  Solucións para o proxecto
  • Páxina 134. 7 Planificación

Realizaremos individualmente programas de propósito xeral e en equipo (2 persoas) o proxecto do libro de texto.

------------------------------------------------------------------------------------------

TEORÍA 2º TRIMESTRE. Temas do libro de texto

TEMA 7. A MADEIRA

1.- TIPOS DE MADEIRA: natural e procesada.

NATURAL: madeiras que se obteñen directamente das árbores (Piñeiro, carballo, castiñeiro, chopo...)

PROCESADA: madeiras que se obteñen de restos de madeiras naturais engadindo colas, tintes, productos químicos... (contrachapado, aglomerado, prensado...)

2.- TRABALLAR A MADEIRA

Traballar a madeira necesita unha serie de pasos que citaremos a continuación:

           1.- Medir e marcar. Utilizaremos as ferramentas oportunas (regla, escuadra, compás...). Debemos aproveitar ao máximo o material e asegurarnos de que esté ben medido. Un erro fai que a peza sexa inservible.
 2.- Suxeitar para cortar. Suxeita o taboleiro para asegurar un corte perfecto.
 3.- Cortar. Utilizaremos a serra de marquetería e os pelos de serra.
 3.- Desbastar. Utilizaremos a lima e o papel de lixa para alisar ben as superficies cortadas.
 5.- Unir. Montaremos as pezas.  Pódese unir con cravos, parafusos, colas... Utilizaremos a cola branca.
 6.- Acabar. Darémoslle un acabado decente lixando e limando novamente.
 7.- Protexer. Para protexer a madeira de axentes externos. Non faremos este proceso na aula. 

TEMA 10. MECANISMOS

Os mecanismos son diferentes dispositivos que unidos entre si realizan un traballo.

Hai mecanismos que transmiten o movemento e mecanismos que transforman o movemento.

1.- MECANISMOS DE TRANSMISIÓN LINEAL DO MOVEMENTO
Pancas, poleas, planos inclinados, cuñas...

2.- MECANISMOS DE TRANSMISIÓN CIRCULAR DO MOVEMENTO
Rodas, parafusos, engrenaxes, cadeas, correas...

3.- MECANISMOS DE TRANSFORMACIÓN DO MOVEMENTO
Piñon-cremalleira, biela-manivela, parafuso-porca...

Exemplos da vida cotiá:



TEMA 11. A ELECTRICIDADE

COMPOÑENTES DUN CIRCUÍTO ELÉCTRICO:

XERADOR: é o que produce a enerxía eléctrica (centrales eléctricas, pilas, batería, paneis solares...)

CONDUCTOR: son os cables polos que circula a electricidade.

ELEMENTOS DE CONTROL E PROTECCIÓN: controlan o paso da electricidade (interruptores, conmutadores...) e protexen o circuíto (fusibles...)

RECEPTOR: dispositivos que transforman a enerxía eléctrica noutro tipo de enerxía. (lámpada en luz, resistencia en calor, zumbador en sonido, motor en movemento...)

MAGNITUDES ELÉCTRICAS:

INTENSIDADE: cantidade de carga eléctrica. Represéntase coa letra I e a súa unidade de medida é o amperio (A).

VOLTAXE: enerxía que proporciona un xerador. Represéntase coa letra V e a súa unidade de medida é o voltio (V).

RESISTENCIA: oposición que presenta un elemento ao paso da corriente. Represéntase coa letra R e a súa unidade de medida é o ohmio (Ω)

POTENCIA: mide a velocidade a que se xenera ou consume enerxía. Represéntase coa letra P e a súa unidade de medida é o watio (W) 

TIPOS DE CONEXIÓNS ELÉCTRICAS:

CONEXIÓN EN SERIE: os receptores colócanse no circuíto un a continuación do outro.

CONEXIÓN EN PARALELO: os receptores colócanse no circuíto un ao lado do outro en ramas diferentes.




-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


TEORÍA 1º TRIMESTRE. Temas do libro de texto

Tema 2: SISTEMAS OPERATIVOS. Páxinas: 52, 57, 59 e 73
Tema 3: OFIMÁTICA Páxinas: 76 e 77
Tema 6: EXPRESIÓN GRÁFICA. Páxinas: 158, 159, 160,161, 162, e 165
Tema 9: ESTRUTURAS. Páxinas: 226, 228, 229, 230, 231, 232 e 233
Tema 1: O ORDENADOR. Páxinas: 29, 30, 31 e 32

Proba escrita: temas 6 e 9 (1ºA: 10 novembro – 1ºB: 11- novembro)
Proxecto individual: mesa circular (3 sesións)