PROXECTOS

2ª avaliación

PROXECTO INDIVIDUAL: Estantería tipo grada en madeira

Materiais necesarios (alumnado):
- madeira de marquetería (mínimo 20x20 cm)
- "pelos" de serra para a serra de marquetería (polo menos 3)
- un bote pequeno de cola branca para madeira
- papel de lixa fino (tamaño folio)
- lápis e goma

Ferramentas necesarias (colexio): serra de marquetería, lima e alicates.

Medidas e pezas do proxecto:
- 2 soportes en forma de L de 3 e 6 cm
- 2 peldaños de 12 x 3,3 cm aproximadamente
- 2 frontais de 12 x 3 cm aproximadamente




PROXECTO GRUPAL: Circuíto eléctrico (Farola)

Cada grupo estará formado por 3 compoñentes.
O circuíto eléctrico será unha maqueta simulando a farola dunha rúa.
O circuíto eléctrico conterá os seguintes elementos: xerador, conductor, interruptor e receptor.
Realizarase sobre un trozo de madeira de marquetería que simulará a parede dun edificio no que se irán pegando todos os compoñentes do circuíto eléctrico.
Teremos 3 clases para realizar o proxecto.

Material necesario (alumnado):
- pinzas de conexión electricas ou clips metálicos 
- interruptor escolar
- portalámpadas escolar
- pila de petaca de 4,5 V
- bombilla escolar
- Madeira de marquetería (medio folio) e 1 barra de cola termofusible

Ferramentas necesarias (colexio):
        • Alicates
        • Desparafusadores
        • Pistolas termofusibles
 
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------

1ª avaliación

PROXECTO MESA CIRCULAR


Material necesario:
 
- 5 folios en branco 
- pegamento de barra escolar
- lapis e tesoiras
- cartón (20 cm x 20 cm aproximadamente)

                                 Tamén unha bolsa de plástico ou unha caixa de zapatos para gardar o material. 

 PROXECTO GRUPAL tarima

Cada grupo estará formado por 6 compoñentes.

Estrutura entramada con tubos de papel de 10 cm de lonxitude.

Estará composta de 72 tubos de 10 cm de lonxitude para unirse formando vigas e piares.

    Necesitaremos:

  •                 24 folios DIN A4.
  •                 Pegamento escolar, celo…
  •                 1 barra de cola termofusible por alumno/a.
  •                 2 trozos de cartón: un de 30 x 30 cm e outro de 20 x 20 cm mínimo.
  •                 Tesoiras.
  •                 Organización, traballo en equipo e ilusión por facer cousas.

 

Realización:

  1. -          Sobre unha base de cartón de 30 x 30 cm, pegamos 24 tubos de 10 cm.
  2. -          Levantaremos sobre cada cadrado resultante 4 piares de 10 cm formando unha pirámide.
  3. -          Uniremos o cumio das pirámides con 12 tubos de 10 cm.
  4. -          Remataremos a estrutura cun cartón de 20 x 20 cm.